Sunday 28 de April de 2024

Fin de semana cultural na Pobra co IV Ciclo Victoriano García Martí


O calendario cultural da Pobra do Caramiñal dálle a benvida ao mes de decembro co IV Ciclo Victoriano García Martí. A finalidade desta programación é seguir afondando na traxectoria vital e profesional deste fillo predilecto da localidade, quen destacou polas súas múltiples facetas, pero cultivou especialmente a escritura e o xornalismo. Por todo isto, a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), continúa coa folla de ruta deseñada para divulga-lo legado deste ilustre veciño.

A conferencia O cabaleiro da Pobra e unha reveladora novela, a cargo de Esperanza Mariño Davila, iniciará esta cuarta edición no día 2, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

E o groso das propostas concentrarase no día 3: ruada con Trécola por espazos céntricos da vila, das 18.30 horas en diante; ofrenda floral ante o busto do intelectual, na propia praza García Martí, ás 19.00 horas; e presentación da edición facsimilar El emigrante (1931), da man de Xesús Laíño Briones-Arén, no Auditorio, ás 19.30 horas.

As actividades están abertas á cidadanía sen necesidade de inscrición previa.